top of page

TEMA

TEMA DE DEBATE DEBATE.CON 2016

A conmovedora imaxe dun neno curdo de só tres aniños, que se deixou a vida nunha praia de Turquía tentando entrar en Europa, tornouse un verdadeiro símbolo da actual crise migratoria. De feito, a difusión desta foto do pequeno Alan Kurdi, colocou as fronteiras da Unión Europea baixo o foco da opinión pública mundial. Unha relevancia nos medios que se corresponde co pulo que está a coller, en Europa, o debate público sobre a inmigración. Neste contexto, encontrámonos con pronunciamentos de todo tipo por parte de significados  líderes europeos.

 Por exemplo, a chanceler alemá Angela Merkel ‑nun recente discurso perante o Parlamento Europeo[1]‑ asegurou que fortificar as fronteiras non serve de nada, engadindo ademais o seguinte: Temos que recoñecer que, mesmo se nos tentásemos illar completamente, pagando o prezo de termos persoas a sufrir nas nosas fronteiras, iso non iría axudar a ninguén.

Por outro lado –nunhas declaracións recollidas pola Axencia Efe[2]‑ a ministra británica de Interior, Theresa May, considera que a entrada masiva de inmigrantes pode ameazar a cohesión social e causar dificultades nos servizos públicos como as escolas ou os hospitais. Segundo esta gobernante hai un límite na cantidade de persoas que un país pode e debe recibir.

A organización do Debate.con 2016, facéndose eco desta polémica,  propón o seguinte tema de debate:

Debe a Unión Europea poñer límites á inmigración?

 

 

 

 

[1] http://www.publico.pt/mundo/noticia/hollande-e-merkel-apelam-a-uniao-para-evitar-o-fim-da-europa-1710401

 

 

[2] http://eldia.es/agencias/8336309-R-UNIDO-INMIGRACI-N-Ministra-britanica-Interior-dice-inmigracion-amenaza-cohesion-social

 

bottom of page